Estás aquí:

Código: 3003

Dez negriños

esgotado
Un clásico de argumento misterioso que mantén ao lector pendente do desenlace de principio a fin.
Dez persoas congréganse na inhóspita illa do Negro, en resposta á chamada dun rico anfitrión que fixo construír nela unha mansión equipada con todos os luxos. Os convidados, todos descoñecidos entre eles, non parecen casar ben. Un a un, seguindo a orde e a forma que dita unha inocente cantiga infantil que fala de dez negriños, os ocupantes van sendo liquidados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 224
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/10/2003
Dimensións 133 x 200 mm.
Colección: Biblioteca Agatha Christie
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-586-5
Observacións:

AUTORES/AS

Christie, Agatha
Christie

A escritora inglesa Agatha Christie (1891-1976) foi unha prolífica autora de novelas policíacas, que lle deron sona mundial. Os seus relatos caracterízanse polos desenlaces sorprendentes. Creou dous detectives moi orixinais como protagonistas da maioría dos seus relatos: Hercules Poirot e Miss Marple, anticuados e entrañables como a sociedade en que se moven. Entre as novelas máis célebres de Agatha Christie atópanse cinco publicadas en galego por Editorial Galaxia na súa colección Biblioteca Agatha Christie: O asasinato de Roger Ackroyd, Asasinato no Orient Express, Cianuro espumoso, Dez negriños e Pano. O derradeiro caso de Poirot.

Foi autora ademais de obras teatrais como A ratoeira e Testemuña de cargo. Escribiu tamén novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. As súas historias foron levadas en múltiples ocasións ao cinema e á televisión.

As súas obras

Asasinato no Orient Express
foto
esgotado

COLECCIÓN

Biblioteca Agatha Christie

Asasinato de Roger Ackroyd
foto
21.05€ CON IVE
Asasinato no Orient Express
foto
esgotado
Cianuro espumoso
cianuro
21.05€ CON IVE
Dez negriños
negriños
esgotado
Pano. O derradeiro caso de Poirot
pano
16.55€ CON IVE