Estás aquí:

Asasinato no Orient Express

esgotado

ESGOTADO

Hercule Poirot resolverá o crime do mítico tren neste clásico da novela negra. Coincidindo co 25 cabodano da escritora inglesa Agatha Christie, tan apreciada entre xente de moitos países e de todas as idades e falecida o 12 de xaneiro de 1976, Editorial Galaxia abre unha colección nova, a Biblioteca Agatha Christie, coa publicación do primeiro dos seis títulos previstos. Trátase do libro Asasinato no Orient Express, do que tamén se fixera, hai anos, un filme de moito éxito.

O detective belga Monsieur Hercule Poirot vese confrontado cunha serie de asasinatos misteriosos nese mítico tren que era o Orient Express. Serán as súas dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco dos que ten que botar man para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. Gracias ao seu gran coñecemento da psicoloxía humana —e sempre disposto a desconcertar cos seus comentarios retranqueiros— consegue non deixarse enganar e solucionar o caso.

É a primeira vez que este clásico do xénero, escrito en 1934 e agora traducido por Alberto Álvarez Lugrís, aparece en lingua galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 252
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/12/2000
Dimensións 140 x 208 mm.
Colección: Biblioteca Agatha Christie
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-386-1
Observacións: ESGOTADO

AUTORES/AS

Christie, Agatha
Christie

A escritora inglesa Agatha Christie (1891-1976) foi unha prolífica autora de novelas policíacas, que lle deron sona mundial. Os seus relatos caracterízanse polos desenlaces sorprendentes. Creou dous detectives moi orixinais como protagonistas da maioría dos seus relatos: Hercules Poirot e Miss Marple, anticuados e entrañables como a sociedade en que se moven. Entre as novelas máis célebres de Agatha Christie atópanse cinco publicadas en galego por Editorial Galaxia na súa colección Biblioteca Agatha Christie: O asasinato de Roger Ackroyd, Asasinato no Orient Express, Cianuro espumoso, Dez negriños e Pano. O derradeiro caso de Poirot.

Foi autora ademais de obras teatrais como A ratoeira e Testemuña de cargo. Escribiu tamén novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. As súas historias foron levadas en múltiples ocasións ao cinema e á televisión.

As súas obras

Asasinato no Orient Express
foto
esgotado

COLECCIÓN

Biblioteca Agatha Christie

Asasinato de Roger Ackroyd
foto
20.50€ CON IVE
Asasinato no Orient Express
foto
esgotado
Cianuro espumoso
cianuro
20.50€ CON IVE
Dez negriños
negriños
esgotado
Pano. O derradeiro caso de Poirot
pano
16.10€ CON IVE