Limiar BIEITO IGLESIA
Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estúrdiga materia (2008, Premio da Crítica Galega), Por fin Santiago! (2012) e Penélope en Budapest e outros poemas (2018). De por parte, este Da cor da soidade. Poesía reunida recolle Campás de recalada (1992) e Voces na barronca (2026).

(Buenos Aires, 1952) naceu nun fogar de emigrantes e frecuentou na adolescencia as institucións culturais galegas de Buenos Aires. En 1969 chegou a Galicia, onde cursou o bacharelato no IES Santa Irene de Vigo. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC, foi profesor de Lingua e Literatura Galegas. Cofundador e primeiro coordinador da revista Dorna en 1981, onde deu a coñecer os seus poemas codirixindo, tamén, a colección Dombate de Editorial Galaxia. Secretario e presidente do Centro PEN-Galicia e membro correspondente da Academia Argentina de Letras, ten participado en numerosas iniciativas a prol da lingua e da cultura e, na actualidade, preside a Fundación Insua dos Poetas e dirixe a Fundación Blanco-Amor.