(Lago-Valdoviño, 1977). Mestra de Primaria e Xornalista, na actualidade traballa como Directora de Contidos da Productora Pórtico, na que traballa desde hai 8 anos. Dirixe o programa de «Criaturas» (TVG), para os que leva feito e/ou custodiado máis de 400 guións de historias reais. E dirixe o programa «Grandes Lugares», programa sobre a vida común de lugares de Galicia (TVG-pendente de emisión).
No 2009 desenvolveu o papel de codirectora e guionista do programa musical «Quen Toca» (TVG). Foi guionista e documentalista dos programas «Antes do Silencio» (2007) e «Noitemóbil» (2007) tamén para a TVG. Funcións que sempre foron da man do seu traballo de investigación no Departamento de Desenvolvemento de Proxectos da Produtora.
O traballo que marcou a súa traxectoria profesional foron os 4 anos que estivo como redactora para o programa «Desde Galicia para el Mundo» (2003-2007), programa para o que escribiu máis de 600 reportaxes documentais e no que continua cooperando puntualmente.
Ademáis ten colaborado con diferentes medios escritos como El Correo Gallego (2002), Diario de Ferrol (2002), ou Europa Press (2002), coa Cadena Ser (2001) como redactora de informativos e como redactora, guionista e presentadora na televisión local da súa terra (2001-2003).
Licenciado en Filoloxía Hispánica. Acumula unha experiencia de 25 anos como redactor en diversas publicacións e 14 anos traballando en televisión.
Traballou en TVE-Galicia, e sobre todo na TVG. Traballou na área de contidos e participou na creación de máis de 30 formatos diferentes.
Foi ponente sobre creación de formatos audovisuais nos cursos de verán da Universidade de Vigo.
Desde 1986 desenvolveu tamén unha intensa traxectoria en prensa escrita, como Bravú o Compostelán, e foi editor e impulsor do artefacto literario Batiscafo, e do magazine audiovisual Canzine.
Na actualidade colabora na edición galega de El País, onde escribe sobre temas musicais e audiovisuais. É director do Festival de Cans de cortometraxes e música.