Libros para que os nenos gocen

Categoría: Nova

Esta fin de semana, dous libros que veñen de sair do prelo protagonizarán o tempo de lecer de moitos nenos de Galicia.
'Criaturas', libro baseado no exitoso programa da TVG do mesmo nome, presentarase, nun acto pensado para os máis cativos, hoxe ás 19:00 h, no departamento de librería de El Corte Inglés, Santiago de Compostela. Participará Juan Fuentes, presentador do programa da TVG no que se basea este sorprendente libro onde descubriremos que a algúns animais só lles falta falar.
Ao día seguinte, sábado e ás 18:00 h, no auditorio da Fundación Novacaixagalicia (Praza da Constitución, s/n) de Ferrol, serán os pequechos e pequechas da cidade departamental os que gozarán do espectáculo preparado por Juan Fuentes.
Por outra banda, o sábado 19 de novembro, ás 18:00 h, na Casa do Libro de Vigo, as Mamá Cabra farán choutar e cantar aos máis pequechos interpretando algúns dos temas do seu segundo libro-disco con Galaxia, 'Xa me tardan estes Magos!', cancións escritas por Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro, Antón Cortizas e a propia cantante de Mamá Cabra, Gloria Roel, e que nos achegan ao fermoso mundo do nadal dun xeito lúdico e diferente.
Se do que se trata é de que os pequechos se afeccionen á lectura, estes dous libros poden ser unha proposta máis que axeitada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email