conto pra non comer

10,50€

mercar

Conto para non comer

Oli

Andrés Meixide

Incluído na lista de White Ravens 2006 da Biblioteca Internacional de Múnic.

¿Que conseguiron os pais e os avós do Antón cando tentaron que bebese a cunca do leite quente?

Antón non quería comer. Pensaba que a cunca do leite era un mar branco cheo de néboa quente que lle subía polo nariz. Sentía que naquel momento viña Pedro O Chosco para pecharlle os ollos lentamente. Antón pediu que lle trouxeran o seu can, que lle fixeran un barco con miga de pan, que lle trouxeran un vento para botar fóra toda a néboa, que lle enviasen un rabaño de ovelliñas…, pero Antón seguía sen ter fame e non quería comer, cada vez tiña máis sono.

Ninguén conseguiu que Antón tomase o seu leite, pero si conseguiron outra cousa ben diferente.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 36
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 16 x 19,5
  • Data Publicación : 2005-11-30
  • Colección : Os Duros
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-863-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491516453Esta noite hei de ir a verteBeatriz García Turnes
9788491516293Canta, miña rula, cantaAntonio García TeijeiroXan López Domínguez
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.inddAo abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976Ramón Otero PedrayoSebastián Martínez-Risco
9788491516446PapiroflexiaFernando Castro Paredes

oli

Oli,
Oli, Xosé Manuel González Barreiro, naceu en Cangas en 1971. É profesor de primaria na súa vila natal, onde reside.

A súa simpatía cos nenos lévao a cultivar o conto dirixido aos máis novos, para os que escribe e debuxa. É autor e ilustrador das súas obras.

Publicou a finais do 2005 Conto para non comer na Editorial Galaxia, incluído na lista de White Ravens 2006 da Biblioteca Internacional de Múnic.

andres meixide

Meixide, Andrés
Andrés Meixide (Vigo, 1970) desde moi novo dedicouse ao mundo da ilustración, debuxando para diversas editoriais galegas.

Ten colaborado con publicacións como Tempos, Cielo Negro ou BD Banda. Traballou regularmente na revista Golfiño guionizando e deseñando a serie Tom. Na súa faceta de deseñador, é o responsábel das campañas publicitarias de centros comerciais en toda Galicia.

Gañou o Primeiro Premio no Salón do Cómic de Vigo coa obra Abrir Vigo ao mar. Foi o autor do deseño do cartel do Entroido Vigo 2001. Segundo premio no XI Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 95 por O asasino chamábase Roger. Segundo Premio no XII Concurso Galego de BD (1996) por A dous centímetros.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR