10,50€

mercar

A cobiza do verme Noel

Miro Villar

Unha metáfora arredor do egoísmo e a necesidade de superalo

En Linguápolis habitan uns vermes moi curiosos e traballadores. E de todos eles, Noel é o máis cobizoso. E todo comeza a cambiar no que ata ese día era un mundo feliz…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 36
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 155 x 190 mm.
  • Data Publicación : 2011-05-30
  • Colección : Os Duros
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-275-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Villar, Miro
Miro Villar (Cee, 1965). Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada coa tese "A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo". Profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador e crítico literario. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte.

No eido do ensaio é autor de varias edicións críticas, como a Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (1995), Unha lectura de O soño sulagado (1998), Roberto Blanco Torres. Orballo da medianoite (1998), A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (1998), Indo para máis perto. A señardade no puño de Alexandre Cribeiro (2004), A roseira da soidade de Antón Zapata García (2005), Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez Blázquez (2005) ou Ser auga, darse en auga. Antoloxía poética de Bernardino Graña (2010).

En poesía ten publicado Ausencias pretéritas (1992); 42 décimas de febre (1994); Abecedario da desolación (1997; premio Tívoli-Europa 1998); Equinoccio de primavera (1998; finalista do premio Tívoli-Europa 1999); Gameleiros (2002) e As crebas (2011, premio Concello de Carral).

En literatura infantil e xuvenil publicou a serie Carlota, a marmota (2000), Carlota e a bota perdida (2003); Carlota e a gaivota patiamarela (2006) e O nariz de Fiz (2009). A cobiza do verme Noel é o primeiro libro que publica en Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR