"Conto para non comer" vén de ser seleccionado para a exposición The Withe Ravens 2006

Categoría: Nova

Igual que Que contan as ovellas para durmir? de Kiko da Silva, editado tamén por Galaxia na colección Os duros que obtivo o White Ravens no 2005 Conto para non comer está presente na maior feira de libro infantil e xuvenil do mundo.

250 libros para nenos e mozos en 32 idiomas e de 47 países participan nesta Feira del Libro, que se inaugurou o día 27 de marzo nde 2006 e constitúe unha referencia obrigada nas publicacións para rapaces, con presenza de editores, ilustradores e autores de cinco continentes.

Os libros selecciónanse de entre os milleiros que a Internationale Jugendbibliothek recibiu en forma de donacións durante o ano 2005. Estes libros seleccionados estiveron presentes na Feira acompañados por un catálogo en lingua inglesa que contén informacións bibliográficas e reseñas curtas dos títulos seleccionados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email