9788491516224

21,00€

mercar

Contiños da Terra

Manuel García Barros

Esta edición conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Entre 1920 e 1932, Manuel García Barros publicou os “Contiños da Terra” no xornal estradense El Emigrado, que despois recolleu en libro (1931 e 1952). Un conxunto de relatos de fonda raigaña costumista, irónicos e humorísticos, onde destaca a pericia na caracterización dos personaxes populares, e que lle deron gran sona.

Estes relatos foron creados non só como un simple entretemento, senón tamén como unha ferramenta instrutiva, a través do costumismo e o humor, para “afeccionar o pobo á lectura no noso idioma abríndolle camiño a cousas de máis fondura polas que era preciso facelo entrar”.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 304
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 26/04/2021
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-622-4
  • Edición :
  • Nº na colección : 429
  • Observacións : Edición de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

978849151630917 segundosKirmen Uribe

Autor/a

garcia barros

García Barros, Manuel
Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955. Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR