Chámome VermelloOrhan PamukUnha novela maxistral Esta novela, cuxa publicación en 1998 supuxo a consagración internacional de Orhan Pamuk, está a partir de agora ao dispor dos lectores e lectoras galegos. É a sexta novela do Premio Nobel de 2006 que se publica no noso idioma, todas elas na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración A fins da década de 1590, o sultán de Istambul encarga en segredo un gran libro: unha homenaxe á súa vida e ao seu imperio que os mellores pintores da época deberán iluminar… á maneira dos europeos. Mais, sen que se saiba a causa, un dos miniaturistas é asasinado. O pintor morto, foi vítima da rivalidade profesional, de celos amorosos ou do fanatismo relixioso? Alén dun misterio apaixonante, Chámome Vermello encerra unha meditación sorprendente sobre o amor, a dedicación á arte e as tensións entre o Oriente e o Occidente. Velaquí algunhas opinións da crítica internacional: "Máis ca calquera outro libro que se me ocorra, capta non só as contradicións pasadas e actuais de Istambul, senón a súa terrible beleza atemporal. É case perfecto, noutras palabras." (Maureen Freely, New Statesman) "Fabulosa, desconcertante, emocionante… Radicalmente distinta á novela histórica de misterio tradicional en Occidente… É unha novela prodixiosa, onírica, apaixonada e augusta, exótica no sentido máis orixinal." (Philo Hensher, Spectador) |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||
|