Estás aquí:

Código: 1566

Catro pezas: O sétimo ceo. Mozas de primeira. Lonxe. De serie

25,70  IVE INCLUIDO

O sétimo ceo. Mozas de primeira. Lonxe. De serie

Reúnense neste volume catro pezas da dramaturga británica Caryl Churchill, autora que destaca pola variedade formal da súa obra, partindo sempre dunha ollada crítica.

Son textos que de forma permanente nos mostran como as relacións de poder manteñen ou provocan situacións de dominación e submisión. Escritas en momentos diferentes e con rexistros igualmente diversos, estas catro pezas poñen de manifesto a riqueza enorme da escritura dunha autora fundamental no teatro do século XXI.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 484
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 26/05/2010
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: ESAD Galicia
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-288-8
Observacións:

AUTORES/AS

Churchill, Caryl
caryl

Caryl Churchill é unha das autoras británicas con maior recoñecemento e proxección na escena internacional. Coñecida polas súas posicións feministas e socialistas, publicou máis de cincuenta textos de notable calidade e moi diversa feitura cos que contribuíu de forma notable á renovación da escrita dramática e á procura de direccións alleas á deriva realista tan presente na dramaturxia británica.

As súas pezas foron estreadas no Royal Court Theatre mais tamén por compañías alternativas como Monstrous Regiment ou The Joint Stock Company. Un dos seus textos máis recentes foi Seven Jewish Children. A Play about Gaza, onde deixa constancia do seu compromiso coa paz e coa convivencia.

As súas obras

Catro pezas: O sétimo ceo. Mozas de primeira. Lonxe. De serie
catro
25.70€ CON IVE

COLECCIÓN

ESAD Galicia

A Electra acáelle o loito
electra
22.60€ CON IVE
A gaivota. O tío Vania
gaivota
22.50€ CON IVE
Alén
alen
16.65€ CON IVE
As criadas. O balcón
criadas
22.60€ CON IVE
Calígula. O malentendido
caligula
22.50€ CON IVE
Cartas de amor a Stalin. Himmelweg. A paz perpetua
cartas
22.50€ CON IVE
Catro pezas: O sétimo ceo. Mozas de primeira. Lonxe. De serie
catro
25.70€ CON IVE
Cento vinte e cinco anos de teatro en galego
teatro
50.00€ CON IVE