Estás aquí:

Código: 1569

A gaivota. O tío Vania

21,90  IVE INCLUIDO
Dúas obras fundamentais do dramaturgo ruso Antón Chékhov
Escrita en 1896, A gaivota é a primeira das obras de Chékhov que son xeralmente consideradas obras mestras do dramaturgo e escritor ruso. Céntrase nos conflitos románticos e artísticos de catro personaxes: a inxenua Nina, a anteriormente gloriosa actriz Irina Arkádina, o dramaturgo experimental Konstantín Trepliov, fillo de Irina, e o famoso escritor Trigorin.

Pola súa banda, a acción de O tío Vania ten lugar na herdade de Serebriakov, á que acababan de chegar para residir nela o profesor retirado Serebriakov e a fermosa Elena, a súa segunda esposa. Antes diso, na herdade non existía outra cousa que o traballo arduo de Sonia e o tío Vania, en compañía da nai deste e de Teleguin. Todo ese traballo tiña como fin que Serebriakov puidese obter unha renda decente.

A dramática de Antón Chékhov hai que situala nun momento de transcendentais cambios, que en Rusia supoñen o tránsito da sociedade rural a unha sociedade urbana na que se deixa sentir o pulo do capitalismo e dos procesos de industrialización. Os seus personaxes habitan mundos que se derruban e, como consecuencia, sofren penosos conflitos internos cando a realidade que habitan vai derruíndo as expectativas que configuran o seu mundo interior.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 236
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 27/07/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: ESAD Galicia
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-385-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Chékhov, Antón
anton

Antón Chékhov (1860-1904), médico de profesión e escritor de vocación, é un dos autores máis relevantes da literatura universal. Considerado un dos mestres da narración curta, malia deixar escritas menos dunha ducia de pezas, entre as que destacan as dúas publicadas por Galaxia na colección ESAD Galicia, O tío Vania e A gaivota. A súa traxectoria vai unida de forma indisoluble á peripecia do Teatro de Arte de Moscova, onde Konstantin Stanislavski desenvolveu un método de interpretación co que escenificar aquelas pezas que destacaban pola súa naturalidade pero tamén pola forte dimensión psicolóxica e sociolóxica.

As súas obras

A gaivota. O tío Vania
gaivota
21.90€ CON IVE

COLECCIÓN

ESAD Galicia

A Electra acáelle o loito
electra
22.00€ CON IVE
A gaivota. O tío Vania
gaivota
21.90€ CON IVE
Alén
alen
16.20€ CON IVE
As criadas. O balcón
criadas
22.00€ CON IVE
Calígula. O malentendido
caligula
21.90€ CON IVE
Cartas de amor a Stalin. Himmelweg. A paz perpetua
cartas
21.90€ CON IVE
Catro pezas: O sétimo ceo. Mozas de primeira. Lonxe. De serie
catro
25.00€ CON IVE
Cento vinte e cinco anos de teatro en galego
teatro
50.00€ CON IVE