Accésit Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022
O avó esquece as caras dos seres queridos e queda perdido no mundo do nada onde o esquecemento lle rouba as ganas e os soños e agóchaos en caixas. A neta loita por el, colléndoo da man para que non se renda, e recupera esas lembranzas agochadas que compartiron para que non se perdan para sempre no fondo pozo da desmemoria.
(Trazo, 1959) é diplomada en Enfermería (DUE), profesora asociada na Facultade de Enfermería da USC e secretaria da fundación Neira Vilas.
Das súas obras destacan, en poesía para adultos, Nas rúas de Compostela (2016) e Camelias de amor (2021), e en infantil A coitada lúa (2010, mención de honra do Premio ARUME de poesía 2009), Estrelas de azucre (2012), O castelo da Rocha Forte (2014), Canta a lúa coas estrelas (2015), O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019). Tamén publicou a obra de teatro infantil O libro do mundo dos soños (2013).
Acadou o Premio de Poesía sobre la mar Brisa Marina 2011 e o Premio de poesía Hernán Esquío (2012 e 2018), entre outros.
Dende hai anos vai aos colexios para falar de poesía con nenas e nenos de tres a catorce anos.