Morlán Vieites, Rosalía

Rosalía Morlán Vieites
Morlán Vieites, Rosalía

(Trazo, 1959) é diplomada en Enfermería (DUE), profesora asociada na Facultade de Enfermería da USC e secretaria da fundación Neira Vilas.

Das súas obras destacan, en poesía para adultos, Nas rúas de Compostela (2016) e Camelias de amor (2021), e en infantil A coitada lúa (2010, mención de honra do Premio ARUME de poesía 2009), Estrelas de azucre (2012), O castelo da Rocha Forte (2014), Canta a lúa coas estrelas (2015), O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019). Tamén publicou a obra de teatro infantil O libro do mundo dos soños (2013).

Acadou o Premio de Poesía sobre la mar Brisa Marina 2011 e o Premio de poesía Hernán Esquío (2012 e 2018), entre outros.

Dende hai anos vai aos colexios para falar de poesía con nenas e nenos de tres a catorce anos.

As súas obras

Cando o avó esqueceu o meu nome
9788411761468
10.00€ CON IVE