Estás aquí:

Código: 19280

Asociacionismo galego en América

22,40  IVE INCLUIDO

Carlos Loureiro Rodríguez achéganos, tras un inxente traballo de documentación (completado con material accesible a través da web de Editorial Galaxia), a historia da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba, fundada na Habana en 1915, que hoxe segue puxante e cun pé en cada beira do Atlántico.
A importancia da emigración estradense no asociacionismo da illa caribeña queda reflectida non só nesta sociedade, senón tamén na creación do Centro Galega e noutras entidades, como Hijas de Galicia, que deron amparo e cobertura aos que tiveron que emigrar, tanto en Cuba como na terra de partida.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 180
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 28/11/2025
Dimensións 230 x 150 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección: 57
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788411765350
Observacións:

AUTORES/AS

Loureiro Rodríguez, Carlos
carlos loureiro

(Callobre, A Estrada, 1957) é licenciado en Filoloxía Románica. Foi profesor de Lingua Galega e editor das obras narrativas de Manuel García Barros Aventuras de Alberte Quiñoi, Contiños da Terra, Enredos, e Dos meus recordos; os traballos xornalísticos A pluma insubmisa. Ensaios inéditos e Estampas desde o val. Artigos xornalísticos. 1901-1963, e da súa obra poética en Sonoridade das auras. Poesía reunida. En 2021 publicou a biografía, Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento, todos eles publicados en Editorial Galaxia. 

Tamén editou obras de Varela Buxán e Antón Losada Diéguez, publicou o Dicionario de escritores de Tabeirós-Terra de Montes e coordinou obras de poesía e narrativa, ademais de formar parte do xurado de prestixiosos premios literarios. 

É socio de honor da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba e do Centro Unión Orensana da Habana.

As súas obras

Asociacionismo galego en América
asociacionismo
22.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A ditadura portuguesa contra Castelao
9788411764834
23.40€ CON IVE
A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
25.10€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
25.10€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
24.20€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
24.30€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
23.10€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
30.10€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
19.10€ CON IVE