Estás aquí:

Código: 248

As sombras do barroco

16,45  IVE INCLUIDO
Unha novela coa que o autor volve adentrarse no século XVII, e que, ao igual que antes Branca de Loboso, pon ante nós a conflitiva trama da Galicia barroca.
Divida en dúas partes ben diferenciadas, Memorias dun expósito e Aldo Polo en Santiago, esta novela intérnase de novo na Galicia do século XVII da man de inquisidores, intelectuais, exorcizados, pintores célebres e xentes do común. Mediante unha linguaxe que recrea os modos retóricos da época, o autor vai desvelando un mundo tenso e conflitivo que asiste a unha encarnizada batalla entre un poder despótico, sustentado na superstición e no medo, e unha razón que demanda a liberdade espiritual como condición indispensable para o seu desenvolvemento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 160
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/11/1994
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-923-5
Observacións:

AUTORES/AS

Rábade Paredes, Xesús
rabade

Xesús Rábade Paredes naceu en 1949 na Terra Chá luguesa. Estudou a carreira de Letras na universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Membro fundador do Pen Club de Galicia, Rábade Paredes é poeta, narrador e estudoso da literatura. Publicou numerosos libros e obtivo varios premios. Así, por exemplo, foi galardoado co Premio Galicia polos libros No aló de nós e Morrer en Vilaquinte, elaborados conxuntamente coa súa dona Helena Villar Janeiro. Tamén recibiu o XIII Premio Esquío co poemario Poldros de música. En Galaxia, Rábade Paredes publicou, entre outros títulos, Saraverde, Branca de Loboso, A palabra secreta e As sombras do barroco.

En 2006 recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa pola obra Mentres a herba medra, editada por Galaxia.

As súas obras

A luz co tempo dentro
9788491518389
15.90€ CON IVE
Memoria do corpo
memoria-do-corpo
10.80€ CON IVE
Saraverde
saraverde
15.00€ CON IVE
A terra prometida
terra prometida
8.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
18.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE