Antre dous séculos

Gerardo Álvarez Limeses

O cosmos poético

de Antre dous séculos xira ao redor dunha Galicia rural que se olla a través da súa paisaxe, unha Galicia folclórica poboada de tópicos costumistas, agarimosa e fermosa, que Álvarez Limeses humaniza, pero onde non falta a preocupa­ción social na denuncia da inxustiza, a pobreza, a fame e a miseria do labrego, con quen o poeta se amosa solidario.

Este poemario, con prólogo de Castelao, deu nome á chamada “xeración de entre dous séculos”, e que agrupaba os escritores galegos nacidos entre 1869 e 1879, protagonistas da transición da literatura galega no cambio de centuria, entre os que estaban, ademais de Álvarez Limeses, Noriega Varela e Cabanillas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 112
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 190
  • Data Publicación : 21/06/2021
  • Colección : Letras Galegas Clásicas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-647-7
  • Edición :
  • Nº na colección : 9
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-230Grial 230 VV.AA.
9788491517108Notas sobre a extinciónMarta Dacosta Alonso
9788491516507Anacos da vidaVíctor Rivas
9788491517115O asubío do avóÁngeles Goás

Autor/a

gerardo_alvarez_limeses

Álvarez Limeses, Gerardo
(Pontevedra, 1871-1940), mestre e escritor, estudou Dereito en Santiago de Compostela e Maxisterio en Madrid. Desempeñou os cargos de Inspector de Ensino Primario, secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, inspector de Primeira Ensinanza en Cádiz e profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos e cofundador e vicedirector do Museo de Pontevedra. Tamén foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura, fundou Galicia Moderna e dirixiu El Perdigón, en Palencia, e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada e Mi Tierra, en Ourense e colaborou con El Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR