Estás aquí:

Código: 2273

Poesía Galega Reunida (1991-2017)

24,40  IVE INCLUIDO
Escritor outsider, malia constituír un dos poetas máis arriscados e fulgurantes de Galicia,
tal e como o definiu Román Raña, Isidro Novo resultou practicamente esquecido polo relato oficial e as antoloxías poéticas. Posuidor dunha lírica orixinal e moderna, foi acaso máis coñecido pola súa, tamén arriscada, escrita narrativa, con títulos tan sobranceiros coma Carne de can ou Un escuro rumor tralo silencio. Editorial Galaxia ofrece por primeira vez a súa produción poética galega completa, que inclúe neste volume as obras publicadas en vida do autor —Dende unha nada núa, Esteiro de noites falecidas e CO2—, as creacións espalladas en revistas, escolmas e libros colectivos, e os poemarios inéditos Sinopse (Romance do presaxio), Sonetario impertinente, (Sen ramal) e De tanto amar a Dores. Sen dúbida, esta edición contribuirá a que a voz perentoria, poderosa e suxestiva do “xograr da gravidade” ocupe o lugar que lle corresponde por mérito propio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 486
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 132 x 190 mm.
Colección: Letras Galegas Clásicas
Nº na colección: 8
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-626-2
Observacións: Introdución, edición e notas de J. Luis Calvo Vidal e Yago Rodríguez Yáñez

AUTORES/AS

Novo, Isidro
isidro-novo

(Lugo, 1951-2018) é o autor da vida. Inclasificábel, publicou os poemarios Dende unha nada núa (1997), Esteiro de noites falecidas (2007) e CO2 (2017), ademais de obra narrativa: Teaza de brétema (1994), Por unha presa de machacantes (1996), Carne de can (1997), Antollos de Eimarmena (1999), Súa de si (2003), Rosa lenta (2004), Un escuro rumor tralo silencio (2005), Cabalos do demo e outros invertebrados (2010), Sinistra deixa (2012) e O tabú na traslenda (2017). Traduciu para o galego Los hidalgos de Monforte, de Benito Vicetto e escribiu O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar. Co apoio da AELG, da que foi vogal por Lugo ata 2016, puxo en marcha Palabras con memoria e, con Antonio Reigosa, coordinou as Xornadas de Literatura de Tradición Oral, colaborou nas Polafías e deu a coñecer o libro Memorias do San Froilán.

As súas obras

Poesía Galega Reunida (1991-2017)
9788491516262
24.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas Clásicas

Antre dous séculos
9788491516477
11.40€ CON IVE
Poesía Galega Reunida (1991-2017)
9788491516262
24.40€ CON IVE