Álvarez Limeses, Gerardo

gerardo_alvarez_limeses
Álvarez Limeses, Gerardo

(Pontevedra, 1871-1940), mestre e escritor, estudou Dereito en Santiago de Compostela e Maxisterio en Madrid. Desempeñou os cargos de Inspector de Ensino Primario, secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, inspector de Primeira Ensinanza en Cádiz e profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo.

Foi académico correspondente da Real Academia Galega e pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos e cofundador e vicedirector do Museo de Pontevedra. Tamén foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura, fundou Galicia Moderna e dirixiu El Perdigón, en Palencia, e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada e Mi Tierra, en Ourense e colaborou con El Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.

As súas obras

Antre dous séculos
9788491516477
12.40€ CON IVE