30,75€

mercar

Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1981-2011

Jonathan Dunne

Esta antoloxía aspira a presentar a literatura galega contemporánea ao público lector en lingua inglesa e constitúe unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega. 1196-1981, publicada en 2010.

Ambas as dúas foron escolmadas por Jonathan Dunne, tradutor de prestixio, que se encargou da edición. Sesenta textos de sesenta autores ofrécense nesta nova antoloxía en edición bilingüe galego-inglés, incluíndo todos os xéneros: narrativa de ficción (tanto para adultos como infantil e xuvenil), poesía, teatro e ensaio.

Este novo volume ofrece unha selección completa da mellor literatura galega producida ao longo dos últimos trinta anos, con nomes familiares como os de Manuel Rivas e Chus Pato acompañados dun abondoso talento ata o de agora en boa medida por descubrir. En edición bilingüe (inglés-galego), a Anthology of Galician Literature, 1981-2011 nace para espallar a creación literaria en lingua galega polos grandes ámbitos académicos e profesonais onde as letras circulan: universidades, centros de estudos do hispanismo e a lusofonía, lectorados de lingua galega, asociacións de tradutores, axentes e críticos literarios, medios de comunicación especializados, editoras comerciais, bibliotecas, feiras internacionais, etc. Non renunciamos á utilidade da obra en centros docentes e en aulas de literatura (universitarias e de bacharelato). Mais a presente escolma quere ser, fundamentalmente, unha proposta ordenada do noso presente literario.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 400
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 170 x 240 mm.
  • Data Publicación : 2012-11-21
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-451-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Dunne, Jonathan
Jonathan Dunne estudou Filoloxía Clásica na Universidade de Oxford e conta con diplomas avanzados de galego e castelán das universidades de Santiago de Compostela e Barcelona. Publicou un total de once traducións de libros escritos en búlgaro, catalán, galego e castelán. As súas traducións de Manuel Rivas publícaas Random House no Reino Unido e Overlook Press nos Estados Unidos, e foron nominadas para o Premio Internacional IMPAC, o Premio de Tradución Oxford Weidenfeld e o Premio Popescu para a Tradución de Poesía Euopea. Entre outros autores que traduce atópanse Carme Riera, Alicia Giménez-Bartlett e Enrique Vila-Matas. Escribiu dous libros, Even Though That e The DNA of the English Language. Dirixe a editorial Small Stations Press.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR