Estás aquí:

Código: 2442

ám@me

24,80  IVE INCLUIDO
Pensar o amor no século XXI
é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máus e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tyamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalos. Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de "normalidade" no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor... non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella. Un libro pois, para pensar o amor e para aprender a des-pensalo, animándonos a ensaiar modelos máis amplos e enriquecedores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 352
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Feminismos
Nº na colección: 3
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-263-9
Observacións:

AUTORES/AS

Oliveira Malvar, Chis
Chis-Oliveira-e-Amada-Traba-©-Anxo-Cabada-196x220

É catedrática de Filosofía. Doutórase coa tese A educación afectivo sexual na adolescencia. Leva máis de trinta anos traballando estes temas con adolescentes e na formación do profesorado e do persoal sanitario. Foi presidenta da ONG de dereitos sexuais Federación de Planificación Familiar Estatal FPFE. Autora de numerosas publicacións sobre a materia, actualmente coordina o Comando Igualdade.

As súas obras

ám@me
amme
24.80€ CON IVE
Traba Díaz, Amada
chis-oliveira-e-amada-traba-anxo-cabada

é licenciada en Ciencia Políticas e Socioloxía. Profesora da UVigo na materia de Socioloxía da Educación. Dende hai vinte anos participa en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero, nomeadamente nas que aplican a perspectiva de xénero á educación. Máis aló desa ocupación, publicou “A representación feminina no arquvio Pacheco” (2010)

As súas obras

ám@me
amme
24.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Feminismos

ám@me
amme
24.80€ CON IVE
As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais
9788411761741
24.00€ CON IVE
Chámame señora, pero trátame coma a un señor
chamame-senhora-pero-tratame-coma-un-senhor
19.20€ CON IVE
Cómplices. A violencia machista institucional
complices-a-violencia-machista-institucional
21.20€ CON IVE
Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión
feminicidio
19.20€ CON IVE
Feminismo en cen palabras
9788491519706
16.60€ CON IVE
A Galiza feminista. Tebras e alboradas
9788491516255
16.40€ CON IVE
Hackeamos o patriarcado
9788411763189
23.00€ CON IVE