É catedrática de Filosofía. Doutórase coa tese A educación afectivo sexual na adolescencia. Leva máis de trinta anos traballando estes temas con adolescentes e na formación do profesorado e do persoal sanitario. Foi presidenta da ONG de dereitos sexuais Federación de Planificación Familiar Estatal FPFE. Autora de numerosas publicacións sobre a materia, actualmente coordina o Comando Igualdade.