(Donostia, 1966). Doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego. Presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galiza entre 2007 e 2009. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou Feminismos e coñecemento (2003), traducida ao castelán en 2006. En 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade xornalítica na sección de opinión do Xornal de Galicia. Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a sección de Pensamente o Sociedade do Consello da Cultura Galega.