A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal. O protagonista, un noviño e humilde pescador, despois de ser condenado a morte inxustamente, consegue escapar do poboado. Na súa fuxida, tras múltiples avatares, chega ata o territorio da tribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención de conquistalas.
Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico coma no interior, do protagonista, un canto á perseveranza, á tenacidade, á forza de vontade, á amizade e ao amor. E todo adubado co choque de culturas que supuxeron os primeiros encontros entre os conquistadores romanos e os pobos castrexos do noroeste da Península Ibérica.
(1982) é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo. Pai de dous fillos, vive en Alemaña desde 2011. Desde hai más de dez anos desenvolve o seu labor profesional nunha empresa de loxística e dedica o seu tempo de lecer a escribir e ao fútbol como adestrador de rapaces. De sempre apaixonado pola cultura castrexa, escribiu esta primeira novela ambientada no século II a. C. no castro de Vigo, a cidade que o viu nacer.