Abrapalabra!

Categoría: Nova

Onte arrincou, dentro do programa Bocaberta de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha das campañas ideadas pola nosa editorial.
O mago Carlos Coira fará, en directo, sen trampa nin cartón, múltiples trucos a través dos que gozar da maxia das palabras, pero, tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre todo, moi doado nunha actividade que gravita arredor dun libro titulado precisamente así, 'Abrapalabra!' e que, das mans de Antón Cortizas, Jacobo Fernández Serrano e o propio Coira amosan toda a maxia que hai na nosa lingua, ademais de se ocupar da maxia fascinante da prestidixitación que todos coñecemos.
Esta actividade, ideada para cativos entre os tres e os once anos, inclúe a entrega do libro, un dos máis sorprendentes de todos cantos podemos atopar a día de hoxe nas librerías. Un volume en forma de trípode, un libro en tres dimensións para saltar á verdadeira dimensión da maxia das palabras.
Unha fábrica de magos, en definitiva.

Comparte nas túas redes sociais ou por email