Presentouse LUCECÚS en Vigo

Categoría: Nova

O pasado sábado os Pirilampo, armados de camisetas e moi boa música, encheron a sala da Casa do Libro de nenos e nenas e familias dispostas a deixarse enchoupar dos aires festivos do seu primeiro traballo na colección Sonárbore, LUCECÚS. O ilustrador, Federico Fernández, quixo tamén estar presente neste primeiro concerto de presentación e se animou, ao final do acto, a asinar os libro-discos que o público quixo levar para casa.
Antía, unha das nenas que colabora no disco (canda outros célebres nomes como o de Sés), colleu tamén o micro para interpretar algúns dos temas dun recital que terminou con practicamente todo o público facendo o tren pola librería adiante.
Unha xornada de música e festa da que deixamos testemuña gráfica no noso blogue.

Comparte nas túas redes sociais ou por email