A Asociación Cultural Barbantia organiza este acto de presentación de 'Memoria de cidades sen luz', de Inma López Silva, no que estarán presentes ademais da autora, por parte da directiva de Barbantia, María Xesús Blanco, o coordinador da asociación, Alberto Piñeiro, e mais o presidente, Xesús Laíño.
'Memoria de cidades sen luz' é un dos libros máis premiados pola crítica e os lectores da autora compostelana.