Miguel Barros continúa cos actos de presentación da súa obra arredor da vida, obra e pensamento de Ramón Piñeiro. Neste caso, o libro chega á Estrada, ás 20 horas na Sala de Exposicións Caixanova e estará acompañado por Xosé Antonio Dono, Alcalde do Concello da Estrada e polo Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.