Presentación do novo libro de Manuel Núñez Singala en Compostela

Categoría: Nova

Manuel Núñez Singala presentará, acompañado polo crítico literario Armando Requeixo e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, o seu novo libro, CAMIÑOS NA AUGA.
Deste libro, o profesor Anxo González Guerra escribía nas redes sociais unha impresión ben reveladora: "un se pon a ler o libro e desde as primeiras páxinas xa se engancha ao personaxe, xa o empeza a querer, xa sofre con el, xa se mete dentro dese rapaz albino africano. Unha novela diferente e sorprendente. Unha historia especial, que chega ao corazón.Tardará un tempo en esquecer ese nome. Para ler toda seguida.

Comparte nas túas redes sociais ou por email