Presentación de O SOÑO DA GALIZA IDEAL en Santiago

Categoría: Nova

O Consello da Cultura Galega acollerá o mércores, 28 de setembro, a presentación do libro ‘O soño dunha Galiza ideal’, de Xosé Manuel Núñez Seixas e editado por Galaxia.
Trátase de seis traballos, publicados en diversos libros e revistas entreos anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e culturais da emigración galega e o exilio de 1936 en América.
Na presentación participarán o especialista en migracións trasatlánticas Fernando Devoto, Víctor F. Freixanes, editor de Galicia, Ramón Villares e o autor. A presentación realizarase ás 12:30 h.

Comparte nas túas redes sociais ou por email