Presentarán o libro representantes da librería, acompañados polo fillo da autora, Nacho Pena Maceda, que fará un monólogo sobre fútbol , e por Sofia Gonzalez Pérez , xogadora no equipo de fútbol "CD Victoria". Xunto coa autora, celebraran un coloquio sobre a integración, o fútbol e os libros.
Deste libro, o crítico literario Ramón Nicolás salientou que é "unha suxestiva novela de protagonismo xuvenil con diversos focos de interese. Nela, a práctica do deporte convértese nunha dinámica de valor incalculable para a integración social onde non xoga un papel secundario a concepción da lectura como ventá aberta e precisa para coñecer o mundo".