Presentación de “Enser”, en Lugo

Categoría: Nova

O venres 14 de outubro, celebrarase, ás 19 h, no Club Clavicémbalo de Lugo, a presentación de Enser, de Marcos Lorenzo.
Acompañando o autor, estarán a música Ugia Pedreira, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.
Enser, de Marcos Lorenzo, é o libro encargado de abrir a nova colección Heterodoxos de Editorial Galaxia. Este título breve pero xeneroso, que contén comedia, afecto examinado, contemplación, unha teoría erótico-demográfica, queixas, intuicións filosóficas, cálculos, propósitos subversivos ou de emenda, vagos manifestos, hipocondría…
Hai nel un humor sobrio e un emprego coidadoso da temperatura emocional, e a súa amabilidade é compatible cunha dureza que, máis que un trazo argumental, é unha virtude estilística.
Marcos Lorenzo (A Coruña, 1970) é autor dos libros Liquidación de existencias (2005), Karlotti, un poema crónico (2013) e Dous escritos sobre a felicidade (2021).

Comparte nas túas redes sociais ou por email