Estás aquí:

Código: 18458

Enser

15,50  IVE INCLUIDO
O que son as cousas
ENSER é un libro breve e xeneroso, escrito con brillantez e cunha atención característica que atende tanto á rítmica do texto como á música da fala. Contén comedia, afecto examinado, contemplación, unha teoría erótico-demográfica, queixas, intuicións filosóficas, cálculos, propósitos subversivos (ou de emenda), vagos manifestos, hipocondría, resentimentos ben mantidos, versos e magníficas observacións políticas. Hai nel un humor sobrio e un emprego coidadoso da temperatura emocional, e a súa amabilidade é compatible cunha dureza que, máis que un trazo argumental, é unha virtude estilística. Unha dureza que é claridade, ou ausencia de elementos superfluos (Pablo Seoane).

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 134
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 150 x 150 mm.
Colección: Heterodoxos
Nº na colección: 1
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-919-5
Observacións:

AUTORES/AS

Lorenzo, Marcos
MARCOS LORENZO

(A Coruña, 1970) é autor dos libros Liquidación de existencias (2005), Karlotti, un poema crónico (2013)
e Dous escritos sobre a felicidade (2021).

As súas obras

Enser
9788491519058
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Heterodoxos

Enser
9788491519058
15.50€ CON IVE
Espíderman
9788491519065-1
12.00€ CON IVE