O xoves 12 de marzo, celebrarase, ás 20 h, no 1º andar, no Salón de Actos da sede do Real Coro Toxos e Froles, en Ferrol, a presentación de Cántigas populares, de Dorothé Schubart e Antón Santamarina.
Contará coa participación de Santamarina, e Pipo Arribe (Real Coro “Toxos e Froles”).
O libro reúne unha escolma de cantares da tradición oral galega recollidos a finais da década de 1970 por Schubarth e Santamarina, froito dun intenso traballo de campo por toda Galicia. Estes materiais forman parte do Cancioneiro popular galego, o repertorio máis extenso da música popular de tradición oral do noso país.
Agrupadas por xéneros e tipos, estas cantigas permiten achegarse á riqueza dunha tradición transmitida de xeración en xeración. Nun mes no que tamén se celebra o Día Mundial da Poesía (21 de marzo), a publicación lembra que moitos destes cantares son tamén expresións poéticas nacidas da voz do pobo.
Unha mostra da riqueza da tradición oral que forma parte da nosa cultura.