Presentación de A LÚA DA COLLEITA en Betanzos

Categoría: Nova

A escritora Anxos Sumai presentará este martes, en Betanzos, na librería Biblos ás 20 horas, a súa novela, Premio Manuel García Barros de Novela 2013, 'A lúa da colleita'. A escritora estará acompañada polo escritor Xabier López López.
Un libro que, nunha entrevista con Alberto Ramos en Praza Pública, a autora definía así: "É un libro que ten máis lecturas das que fun consciente mentres a escribía. Cando a traballaba, pretendía mostrar unha concepción holística do ser humano, coas súas partes de sombra e as súas partes de luz. E despois do escrito, decateime de que ía reflexionando sobre moitos temas que me interesaban, que me preocupaban… Definilo con maior concreción cústame moito. Tería que escribir un libro enteiro para explicalo".

Comparte nas túas redes sociais ou por email