Presentación de A BOCA DO MONTE en Lugo

Categoría: Nova

A escritora Celia Díaz Núñez presentará a súa nova novela A BOCA DO MONTE na librería Biblos de Lugo acompañada por Ramón Vila Anca, director do Museo Arqueolóxico e do Museo Etnográfico de Quiroga e polo representante da editorial Galaxia, Arturo Ponte.
Este libro presentouse a semana pasada na Feira do Libro de Ourense e foi un dos actos máis exitosos da mesma, co público ateigando a carpa e seguido o acto incluso dende fóra.
Nesta obra a autora recrea a construción do túnel de Montefurado, mais é unha escusa, tamén, para abordar a cuestión da resistencia do pobo castrexo contra o romano invasor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email