Presentación de 'Ulises' en Bruxelas

Categoría: Nova

Cando hai xa máis de medio século Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e outros soñaron unha cultura galega normalizada, soñaron, tamén, que libros esenciais coma o 'Ulises' de James Joyce se puidesen ler na nosa lingua. Sería un símbolo, como dicimos, de normalidade, pero tamén de modernidade.
Ese soño cumpriuse o pasado nadal cando puidemos tirar do prelo o emblemático libro de Joyce que mañá, nun acto organizado pola Associação Couto Mixto, será presentada en Bruxelas, por Ramón Neto e por dous dos tradutores, Xavier Queipo e Antón Vialle, e o escritor e conselleiro de Galaxia, Xavier Alcalá.

Comparte nas túas redes sociais ou por email