VIGO, Martes 7 de abril de 2014 (13.30 h) A filla de Antonio Pérez Prazo, Aixa, acehgouse dende a súa residencia en Florida para dar cumrpimento ao desexo de seu pai de que os seus arquivos persoais fosen entregados á Fundación Penzol. Ese foi o desexo explicitamente pronunciado por Antonio Pérez Prado, médico arxentino fillo de galegos que mantivo unha intensa actividade a prol dá cultura galega na quinta provincia. Como destacaron algúns dos participantes no acto desta mañá na Casa Galega da Cultura, o seu traballo a prol de Galicia ten aínda máis mérito, se cadra, que o de moitos outros, pois el xa era galego de segunda xeración mais aínda así nunca deixou de alimentar as cordas que o mantiñan en permanente contacto coa súa terra e culturas de orixe.
O arquivo, que ocupa máis de cen caixas e que dende hoxe están ao dispór dos investigadores, conten unha gran cantidade de correspondencia cos intelectuais galeguistas, tanto do exilio como do interior, e moita documentación que axudará a entender mellor a presenza galega en Arxentina así como o traballo dos exiliados na capital porteña.
Entre outros méritos, Antonio Pérez Prado creou en 1959 a Asociación Arxentina de Fillos de Galegos, que dende 1963 editou ou boletín Alén Mar. En 1996, o médico galego recibiu o Pedrón de Honra entre outros recoñecementos.
No acto, ademais da súa filla, participaron Antón Vidal Andión, vicepresidente da Fundación Penzol, Francisco Domínguez, o seu director, Malós Cabrera Iglesias, padoreira da institución, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, e Carlos Vidal Font, tenente de alcalde do Concello de Vigo.
No noso blogue deixamos testemuña gráfica da xornada.