Presentación de 'O derradeiro libro de Emma Olsen', de Berta Dávila en Compostela

Categoría: Nova

Este xoves, ás 20 horas, na librería Couceiro de Compostela, presentarase o libro de Berta Dávila, Premio Repsol de Narrativa Breve 2013, 'O derradeiro libro de Emma Olsen'. Acompañarán a autora, a escritora Anxos Sumai, o poeta Gonzalo Hermo e mais Arturo Ponte en representación da Editorial Galaxia.
O xurado do Premio de Narrativa Breve Repsol xustificou a elección de 'O derradeiro libro de Emma Olsen' de entre os trinta orixinais presentados sinalando que é "un exemplar moi interesante dun subxénero literario típico da literatura escrito en inglés chamado Interiors. Moi ben conseguido. A autora fixo un xogo metaliterario que é sorprendente pola súa madurez ".

Comparte nas túas redes sociais ou por email