Presentación da primeira novela de Iria Collazo López en Vigo

Categoría: Nova

O primeiro dos actos que a Editorial Galaxia desenvolverá na Feira do Libro de Vigo, que este ano se despraza á Rúa Progreso, detrás do MARCO, será a presentación do libro COMA UNHA ÁNCORA de Iria Collazo López, quen estará acompañada polo editor, Francisco Castro.
O acto desenvolverase ás 20.30h.
COMA UNHA ÁNCORA é, sobre todo, unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. É tamén unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Quen se achegue a este libro atopará momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, que vai por enriba da morte. Os primeiros lectores e lectoras deste libro que publicamos na nosa colección COSTA OESTE sinalan o seu poder de seducción e a imposibilidade de deixar de ler ata o final.

Comparte nas túas redes sociais ou por email