Cantiga de fonte limpa

Categoría: Nova

O pasado domingo, as aproximadamente 300 persoas que quedaron ao xantar en Amoeiro acompañando a Antón Pulido no día en que recibía o Premio Trasalba que lle concedeu a Fundación Otero Pedrayo, recibían como agasallo a fotobiografía, que xa está chegando ás librerías de Galicia, CANTIGA DE FONTE LIMPA dedicada ao pintor galardoado.
Na publicación atoparemos, ademais dunha completa galería fotográfica que abrangue o conxunto da vida do autor dende os seus pais ata hai unhas semanas que inaugurou en Vigo a Praza das Apertas no cruce de Peniche, algúns dos seus cadros máis significativos e reseñas e críticas de exposicións feitas ao longo destes anos, así como textos de amigos e amigas que o coñecen ben tanto na súa faceta humana como artística.

Comparte nas túas redes sociais ou por email