Premio da Crítica para Henrique Monteagudo

Categoría: Nova

O profesor e investigador Henrique Monteagudo, vén de ser recoñecido co Premio da Crítica a pasada fin de semana na modalidade de Investigación, un galardón máis que vén a sumarse aos moitos que xa atesoura despois de tantos fecundos anos de traballo.

Henrique Monteagudo, codirector da revista GRIAL, recibiu tan prestixioso galardón polo seu traballo "Letras primeiras. O foral de Caldelas. A emerxencia da escritura en galego e os inicios da lírica trobadoresca", ámbito de investigación na que Monteagudo é unha das principais autoridades.

O xurado tomou esta decisión porque entende que o autor estende as fronteiras do coñecemento sobre a emerxencia da escrita en galego e do nacemento da lírica trobadoresca na Galicia medieval.

Un recoñecemento merecido para unha achega fundamental para coñecernos máis e mellor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email