Tamén actuou a orquesta "Treboeiro", composta por fillos e netos da colectividade galega, na sala Jorge Luis Borges do recinto ferial e ante un público de arrerdor de cincocentas persoas. Era a primeira vez que Galicia recibía este tratamento na Feira do Libro de Buenos Aires, pola que está previsto que pasen arredor de 1.300.000 persoas ata o próximo 11 de maio.

María Rosa Lojo evocou a Galicia dos seus pais e dos seus avós, na ría de Arousa, entre Boiro e Rianxo, e as súas primeiras lembranzas de nena en Buenos Aires, sobre as que foi construindo boa parte da súa literatura, hoxe unha das máis recoñecidas dentro das letras arxentinas contemporáneras, traducida a varios idiomas. "Teño dúas patrias", declarou, "e non podo renunciar a ninguna delas". En galego, María Rosa Lojo publicou a súa novela Fisterra, na colección Literaria de Galaxia.

Xabier P. Docampo evocou os seus tíos e curmáns, emigrantes na capital do Plata, cunhas páxinas moi sentidas sobre a significación da lingua e das palabras nos emigrantes. E Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, falou das conexións entre Galicia e Arxentina. "Durante os anos 40 e ata finais dos 60, Buenos Aires foi a capital da cultura galega".

O pabellón dedicado ás letras galegas están a cargo da Asociación Galega de Editores, o Instituto Arxentino de Cultura Galerga (integrado no Centro Galego) e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, e mostra ao público arredor de 400 títulos. Entre a representación galega acuden, ademais dos autores citados, o ilustrador Xosé Covas e o editor Miguel Anxo Fernán Vello. Tamén Xosé Antonio Neira Cruz, que prepara a organizaciçón do Congreso Internacional do IBY, que se celebrará en Santiago de Compostela o próximo ano 2010.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR