Pelerinaxes no OUFF

Categoría: Nova

No libro+DVDrecóllense imaxes da gravación do filme e textos de diferentes autores arredor da obra audiovisual, pero tamén daquela que a inspirou, o libro de Otero Pedrayo do mesmo título. Aquela fora unha viaxe que en 1927 fixeron a pé Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey dende Ourense a Santo André de Teixido e que deu lugar á obra que imprentou a Editorial Nós en 1929.
A película de Simone Saibene e o seu equipo é unha homenaxe cinematográfica a Otero Pedrayo e a un país percorrido a pé, a mellor maneira de coñecer a Terra.
Participaron no acto, amais do director da obra, Fran Gayo, director do OUFF, Patricia Arias Chachero, pola Fundación Otero Pedrayo, Ramón Tudela, pola Asociación do Camiño a Santo André de Teixido e as actrices Carmen Méndez e Isabel Risco.

Comparte nas túas redes sociais ou por email