Pelerinaxes no OUFF

No libro+DVDrecóllense imaxes da gravación do filme e textos de diferentes autores arredor da obra audiovisual, pero tamén daquela que a inspirou, o libro de Otero Pedrayo do mesmo título. Aquela fora unha viaxe que en 1927 fixeron a pé Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey dende Ourense a Santo André de […]

Patricia Mallo presentou os seus CABEZOMBIS en Vigo

A Casa do Libro de Vigo quedou pequena onte para acoller a presentación da primeira obra de Patricia Mallo, OS CABEZOMBIS NA MANSIÓN ESPELLO, que a nosa editorial vén de publicar na colección Árbore para lectores a partir de 10 anos. O libro está ilustrado por Perrilla. Non houbo sitios libres para acompañar á autora […]

Xosé Monteagudo

“Os Kowa” está narrada polo personaxe que xa protagonizara unha novela anterior de Xavier Queipo, Malaria sentimental. Se naquela a peripecia sucedía en Camboxa, Os Kowa sitúase na selva amazónica. A novela comeza en Bruxelas, onde o narrador se interesa nun museo por un raro exemplar de bolboreta, do que se teñen poucos datos e […]

Mercedes Corbillón

Podería dar un bo feixe de razóns polas que debedes ler “Aqueles días en que eramos malas, pero só vos darei cinco: Inma, Mercedes, Margot, Valentina e Laura. Cinco nomes propios, cinco personaxes inesquencibles, profundos, contraditorios, cribles, adoecidos, cheos de arelas que nunca se cumpren, mulleres poliédricas, un pouco malas, un pouco tolas, un pouco […]

O noso Samaín

Nesta semana que as escolas e os escaparates se enchen de calacús e de arañeiras chega un libro que pretende, dunha maneira entretida explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente, da época prerromana. Trátase, polo tanto, de que os cativos comprendan […]