Nesta semana que as escolas e os escaparates se enchen de calacús e de arañeiras chega un libro que pretende, dunha maneira entretida explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente, da época prerromana. Trátase, polo tanto, de que os cativos comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascedente Halloween norteamericano.