Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a nova obra de Manuel Núñez Singala, 'Menú de enganos', un sorprendente libro de relatos que, tomando o engano como fío condutor, ofrece un menú de contos que contempla dende os entrantes, pasando polos pratos máis potentes (relatos máis longos) para rematar coas sobremesas.
O libro aparece publicado na colección Costa Oeste.
Na ligazón que atoparás á dereita destas liñas podes descargarte a primeira parte do libro.
Para ir picando.
Para ir abrindo boca.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR