Os imprescindibles de Castelao

Categoría: Nova

En tan sinalada data, recordamos as palabras de Armando Requeixo: "Aos clásicos cómpre volver sempre. Hai que relelos, fatigar as páxinas que nos deixaron porque nelas están moitas das respostas que procuramos e que eles souberon dar ante problemas semellantes aos que hoxe nos acoran pero que eles xa resolveron moito antes de que nós puideramos sospeitalos sequera.

Nun amplo artigo, que podedes ler integramente seguindo este link, Requeixo recorda que Castelao é o noso "clásico entre os clásico", que nos legou "o máis depurado tratado de filosofía da vida nas súas Cousas", que agora editamos en seis volumes (Animais, Caciques, Homes, Mulleres, Nenos e Vellos) + un (os Cincuenta homes por dez reás) que permitirán que "comprobar ata que punto a clarividente ollada de Castelao definiu boa parte das problemáticas transcendentais de todo tempo, vale dicir as do noso mesmo, pois a espiral da Historia ensínanos que no pasado hai leccións que convén aprender para saír con ben do presente e niso as obras de Castelao han ser sempre lecturas imprescindibles".

Tamén o programa Zig Zag da TVG se fixo eco da reedición da obra gráfica de Castelao. Podedes ver o vídeo premendo aquí.
E, no Diario Cultural da Radio Galega, a crítica Chus Nogueira adicoulle o seu comentario semanal de libros ás novas edicións das Cousas da vida e dos Cincuenta homes por dez reás de Castealo. Podedes escoitalo, premendo aquí.
Xesús Fraga, en La Voz de Galicia: O ano dedicado a Castelao arranca con novas edicións do seu humor gráfico
Ramón Rozas, no Diario de Pontevedra: A semente de Castelao
Galicia Confidencial: Redescubrindo o humor gráfico de Castelao
María Xesús Nogueira, en El Pogreso: Cousas da vida

Comparte nas túas redes sociais ou por email