Achégase o fin de curso e con el o comezo do verán. Un momento fabuloso para ler, soñar e vivir en liberdade as oportunidades que nos ofrece a calor da tempada.
Que mellor que acompañarnos deses libros que tanto tempo levamos agardando devorar? Ou descubrir algunhas lecturas novas? Dende a Editorial Galaxia recomendámosvos as seguintes lecturas:
Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira, é unha lectura fundamental para comprender a vida dunha muller completamente adiantada á época. Como se comparte no limiar do libro “todas as aventuras, as de Juana de Vega están unidas a desventuras. Sen desventura non hai verdadeira aventura”. Ela foi unha figura clave, que participou de forma activa na vida pública nuns tempos nos que isto non lles estaba permitido ás mulleres. Co seu tesón, conseguiu amosar que as batallas polas causas perdidas son semente de futuro.
Alén da desventura, de Xavier Alcalá, gañou o Premio Blanco Amor en 1998. Publicada na colección literaria de Editorial Galaxia, recolle os relatos dun mariño inglés, Isaac Moore, e dun misioneiro espeañol, o padre Sineiro, e achéganos intrigas e avnturas por terras e mares ignotos na época da ilustración.
Este ano, rescatamos unha nova publicación do libro, esta vez adobiado coas fabulosas ilustracións do artista Siro, que completan o pracer da lectura dun libro especial que cativa coa fascinación dunha prosa viva e actual.
Composta por relato breves da autoría de cada unha das autoras, esta pequena xoia, con aroma floral, sitúa ás rosas como protagonistas nesta obra. Inspiración de aromas e inspiración de historias. Todos eles, na súa diferenza e disparidade, son relatos que xiran arredor da verdade. Uns son espiñas, outros deleite estético.
O tempo de lecer, comeza aquí.