Foi Xosé Luís Méndez Ferrín, actual director da Real Academia Galega, quen definiu esta obra de Ramón Otero Pedrayo como "unha obra mestra da novelística galega en termos absolutos".
Nesta novela, editada orixinalmente no ano 1960, Ramón Otero Pedrayo céntrase na figura de Xoán Manuel Pereira, un dos grandes revolucionarios liberais e progresistas da Galicia do século XIX.
O libro está publicado dentro da Biblioteca Otero Pedrayo da nosa editorial.